lunes, 12 de diciembre de 2016

ANTITUMORAL DE ORIGEN MARINO


Pharmamar fíxose un nome na biotecnoloxía mundial grazas a Yondeña da historia. O seu produto estrela foi aprobado pola CE en 2007 e en ano pasado pola FDA de EE UU. Ese fito valeulles un acordo cos laboratorios Janssen, que desenvolverá e venderá o fármaco en todo o mundo excepto en Europa, onde PharmaMar posúe os dereitos de desenvolvemento e comercialización, e en Xapón, onde o licenciou a Taiho Phar.
Ao longo deste curso presentarán o dossier de rexistro á Axencia Europea do Medicamento de Aplidin, un produto para un tipo de cancro hematológico (mieloma múltiple) que ata a data deu bos resultados nos estudos clínicos e que se podería converter no seu segundo medicamento de orixe mariña. A compañía ten tamén avanzada a investigación doutras dúas moléculas, polo que ?este pipeline, (proxectos en carteira) xunto coa comercialización de Yondelis no mundo, sitúan a PharmaMar como unha empresa cun futuro moi prometedor?, opina Luís Moura, director xeral da unidade de negocio de oncoloxía da compañía.

                                                                                    Ismael Figueira Palomanes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario