miércoles, 14 de diciembre de 2016

AirPods

Apple prescindiu do porto jack de auriculares coa presentación dos seus novos teléfonos iPhone. Os auriculares convencionais chegaban ao seu fin e os de Cuppertino anunciaron os AirPods, uns novos auriculares inalámbricos que están dispoñibles desde este martes na tenda online da compañía. A partir da próxima semana tamén poderán adquirirse nas tendas Apple Store e en distribuidores autorizados. 

Os AirPods, que teñen un prezo de 179 euros, configúranse cun só toque e estarán sempre conectados. Usalos é igual de fácil porque detectan cando os levas postos e deteñen a reprodución cando chos quitas. Estes periféricos son compatibles e funcionan con iPhone, Apple Watch, iPad ou Mac. 

Os AirPods ofrecen ata cinco horas de autonomía cunha carga. Ademais, están sempre listos cando se necesitan, xa que contan cun estoxo que permite múltiples cargas adicionais para gozar de máis de 24 horas de uso. Basta con poñer os auriculares no estoxo 15 minutos e terán 3 horas adicionais de carga. E para saber canta batería queda, será suficiente con achegar os AirPods ao iPhone ou preguntarlle a Siri.  PinchAQUÍ   para comprar el producto.





Gonzalo Carrajo Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario