viernes, 16 de diciembre de 2016

Biotecnoloxía

A utilización dos seres vivos, as súas partes ou productos da súa actividade para o uso industrial denomínase biotecnoloxía. Exemplos do uso de organimos biotecnolóxicos son a fermentación das bebidas alcohólicas e a fabricación do pan. Desde esta maneira,  a selección e obtención de variedades produtivas de plantas e animais de interés agrícola. O descubrimento e caracterización dos procesos de mantenemento da información biolóxica provoca a expansión de números de aplicacións da biotecnoloxía.

A biotecnoloxía clasifícase mediante un sistema de usos desta ferramenta para que os agrupe en función das sùas características comúns ou da súa utilidade final. Actualmente considéranse cinco agrupacións fundamentais  mediante cinco cores: vermella,verde,branca,azul e gris.

 Explicación de tres tipos

Biotecnoloxía vermella: Este tipo agrupa todos os usos da biotecnoloxía relacionados coa mediciña. Esto incluye a obtención de vacunas e antibióticos, o novo desarrollo de fármacos, técnicas moleculares de diagnóstico , as terapias rexenerativas e o desarrollo  da inxeniería xenética para curar enfermidades a través da manipulación xenética. Exemplos: terapia celular e xenética, medicamentos baseados en moléculas biológicas (como os anticorpos terapéuticos).

Biotecnoloxía branca: Usos da biotecnoloxía en relación cos productos industriais tamén coñecida como biotecnoloxía industrial. Nos proceso industrias, inténtase facer que utilicen menos recursos cós tradicionais .Exemplos: utilización de microorganismos para a producción de productos químicos, o diseño ,a producción de novos materiais de uso cotidiano...


Biotecnoloxía gris : Aplicacións da biotecnoloxía no medio ambiente . Divídese en dous grandes grupos: o mantenemento da biodiversidade e a eleminación da materia contaminante (biorremendación).    
                                                                                                                                                                                                                                                                Jorge Cerviño Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario