viernes, 16 de diciembre de 2016

Evolución dos teléfonos

Actualmente as comunicacións xogan un papel moi importante na sociedade, xa que permite a constante interrelación e comunicación entre persoas, sociedades, empresas e os demais actores do mundo moderno. Poderíase dicir, con total seguridade, que sen comunicacións, a vida como a coñecemos non podería existir. Co paso do tempo, a necesidade de estar cada vez máis comunicados fíxose maior, e é por iso que empresas e fabricantes relacionados ao mundo da telefonía atópanse nunha constante procura por evolucionar e ofrecer cada vez mellores equipos e servizos.

Desde que en 1854, ano que podería definirse como a data de creación do mercado das telecomunicacións grazas á invención do teléfono, non se deixou en ningún momento de innovar. E aínda que a invención do teléfono foi un acontecemento histórico e que tivo gran impacto a nivel mundial, que permitiu reducir as grandes distancias levando ás persoas a posibilidade de estar comunicadas con maior frecuencia e facilidade, non foi ata a chegada dos teléfonos celulares en 1972, creación da mente de Martin Cooper, que o teléfono se converteu nun artefacto do cal é imposible desprenderse, alterando, ademais da maneira de comunicarse, a forma en que se comporta socialmente o individuo que o utiliza. Disto precisamente fala este artigo.


Evolución teléfonos/ Purewoolley



Gonzalo Carrajo Mariño


No hay comentarios:

Publicar un comentario