lunes, 19 de diciembre de 2016

A Biotecnoloxía

A biotecnoloxía é a tecnoloxía que utiliza seres vivos ou algunhas das súas partes para a obtención ou modificación de produtos. Dentro da biotecnoloxía podemos diferenciar distintas áreas:

A biotecnoloxía vermella: a cal abrangue tódolos usos relacionados coa menciña. Neste caso pódese utilizar para a obtención de antibióticos para desenvolver vacinas ou para evolucionar na enxeñería xenética para curar enfermidades mediante a terapia xénica.

A biotecnoloxía branca ou industrial: Esta aplícase en procesos industriais. En xeral para a consumición de menos recursos que en procesos tradicionais, por exemplo, a elaboración de plásticos biodegradables.

A biotecnoloxía verde: Aplicada na agricultura. Mediante este tipo de biotecnoloxía se pode chegar a dar lugar a plantas modificadas xeneticamente, con propiedades específicas para crecer en condicións desfavorables ou para xerar unha resistencia contra plagas ou enfermidades.


A biotecnoloxía azul ou mariña: Esta aplícase en ambientes mariños e acuáticos. As aplicacións deste campo están nun estado de desenvolvemento creciente e prometedoras. Algúns ámbitos destacables son a acuicultura, a cosmética ou a alimentación.


Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario