viernes, 10 de marzo de 2017

Cristina Contreras

Avance dietético

Un equipo de científicos do grupo NeurObesidad da Universidade de Santiago de Compostela (USC), liderado pola investigadora de postdoctorado Cristina Contreras Jiménez, descubriu un novo mecanismo molecular que demostra como o aumento dunha proteína no hipotálamo -a chaperona GRP78, tamén coñecida como BiP- consegue que ratas obesas adelgacen sen deixar de comer, a vez que melloran o seu status metabólico diminuíndo ademais a diabetes tipo 2 asociada.
Esta investigación, que publica a revísta 'Diabetes', parte da idea de que un dos mecanismos que subxace na obesidade é un mal funcionamento da graxa parda (graxa boa), que actúa como unha estufa, queimando a propia graxa para producir calor e manter a temperatura corporal. "Descubrimos que regulando unha situación que se chama 'tensión de retículo endoplasmático', unha situación de tensión que se produce durante a obesidade, somos capaces de activar a termogénesis, proceso que se produce na graxa parda, que o que fai é queimar graxa", explica esta investigadora, licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid.
Tanto en estados de obesidade como de diabetes prodúcese unha alteración no procesado das proteínas, que se acumularían mal encartadas -fenómeno que se coñece como tensión do retículo endoplásmico-. En animais obesos e diabéticos isto sucede no hipotálamo -zona do cerebro que regula o balance enerxético-, e ten como consecuencia a desactivación da graxa parda.
Aumentando a presenza da chaperona BiP no hipotálamo, os científicos galegos han conseguido non só reactivar a termogénesis, que nas ratas obesas está inactiva, senón tamén converter a graxa branca (ou mala) en parda. "Desta forma, o organismo no canto de acumular graxa, a queima, polo que o animal obeso perde peso, e mellora ademais a súa resistencia á insulina (diminúe a diabetes tipo 2), a esteatosis hepática e o metabolismo en xeral", explica a investigadora, que subliña o interesante do mecanismo que lograron reverter coa manipulación xenética desta proteína.

Cristina Contreras no laboratorio da USC



Pablo Vega Dos Santos

CIENTIFICOS GALEGOS DESCUBREN UN NOVO METODO PARA REDUCIR A OBESIDADE

Un equipo de científicos do grupo NeurObesidad da Universidade de Santiago de Compostela (USC), liderado pola investigadora de postdoctorado Cristina Contretas Jiménez, descubriu un novo mecanismo molecular que demostra como o aumento dunha proteína no hipotálamo -a chaperona GRP78, tamén coñecida como BiP- consegue que ratas obesas adelgacen sen deixar para comer, á vez que melloran o seu status metabólico diminuíndo ademais a diabetes tipo 2 asociada.

Esta investigación, que publica a revísta 'Diabetes', parte da idea de que un dos mecanismos que subxace na obesidade é un mal funcionamento da graxa parda (graxa boa), que actúa como unha estufa, queimando a propia graxa para producir calor e manter a temperatura corporal. "Descubrimos que regulando unha situación que se chama 'tensión de retículo endoplasmático', unha situación de tensión que se produce durante a obesidade, somos capaces de activar a termogénesis, proceso que se produce na graxa parda, que o que fai é queimar graxa", explica esta investigadora, licenciada en Farmacia pola Universidade Complutense de Madrid.

Tanto en estados de obesidade como de diabetes prodúcese unha alteración no procesado das proteínas, que se acumularían mal encartadas -fenómeno que se coñece como tensión do retículo endoplásmico-.

Aumentando a presenza da chaperona BiP no hipotálamo, os científicos galegos han conseguido non só reactivar a termogénesis, que nas ratas obesas está inactiva, senón tamén converter a graxa branca (ou mala) en parda. "Desta forma, o organismo no canto de acumular graxa, a queima, polo que o animal obeso perde peso, e mellora ademais a súa resistencia á insulina (diminúe a diabetes tipo 2), a esteatosis hepática e o metabolismo en xeral".

Agora, o seguinte paso é atopar unha vía de administración viable desta chaperona. "O que sucede na tensión de retículo endoplasmático é que as proteínas que se forman na célula non se poden procesar e comezan a acumularse sen encartar ou mal encartadas. Esta proteína o que fai é facilitar o plegamiento".
diarioinformación.com

VIDEO SOBRE A OBESIDADE:








POR:MIGUEL LORENZO PERAL 4A


Daniel Arenas Lago

A Sociedade Española de Ciencias do Solo elixiu como mellor tese do 2015 a do investigador vigués Daniel Arenas Lago, unha investigación na que se amplía, afonda e achega novos coñecementos sobre a capacidade de absorción e retención de metais pesados nos solos, unha cuestión cada vez máis preocupante porque moitos destes elementos son tóxicos para os organismos e poden entrar na cadea trófica producindo efectos nocivos no ser humano. Un estudo sobre a capacidade dos solos para reter cadmio, cobre e chumbo. Afonda no papel que xogan as fases xeoquímicas amorfas e cristalinas do solo na distrubución dos metais, estudando unha gran variedade de tipos de chans e os seus distintos horizontes. Neste senso unha das innovacións máis relevantes deste estudo foi validar a efectividade do uso combinado de técnicas novidosas de obtención de imaxes espectroscópicas, praticamente non empregadas ata o de agora no estudo dos solos.
Na actualidade atopase realizando unha estancia no Institute of Enviromental Sciences na Universida de Leiden cun contrato de postdoutoramento da Xunta de Galicia, que o manterá alí durante dous anos e o traerá de voltá a Universidade de Vigo no terceiro ano de contrato.



Arenas, traballando cos seus compañeiros en Leiden/gciencia

Gonzalo Carrajo Mariño

Rede Galega de Investigación sobre Cancro Colorrectal (REGICC)

Trátase dunha rede multidisciplinar, formada por máis de 148 profesionais   de distintos centros de investigación, cunha maioría de grupos clínicos, varios centros que realizan investigación básica, outros que realizan investigación aplicada e un centro de marcado carácter tecnolóxico. O principal obxectivo desta rede é potenciar a investigación traslacional sobre o cancro colorrectal en Galicia, unindo o potencial científico dos mellores especialistas na Comunidade Autónoma e utilizando os últimos avances nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) para a xestión e a análise dos datos. Para mais información faga clik aqui .



                                                           
                                                                                       Fran González Diz 4ºA

Crean un protocolo que acelera a cría da ostra



España é o segundo país produtor de ostra plana europea (Ostrea edulis) do continente, cun total de 427 toneladas en 2014 e un valor de 2,2 millóns de euros. O grupo de investigación ACUIBIOMOL do Instituto de Acuicultura da USC, en colaboración coa Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia, identificou as condicións óptimas de temperatura, réxime de exposición diaria á luz e ración e composición da dieta de microalgas para o acondicionamento de proxenitores de ostra plan en criadeiro ademais de deseñar un protocolo de cultivo que reduce practicamente á metade os tempos de produción de semente.Como sinala Luz Pérez-Parallé, unha das integrantes do equipo, a actual e elevada demanda do mercado “nada máis que pode ser cuberta mediante o control da reprodución en criadeiro, co obxectivo de conseguir acelerar a madurez sexual e xerar un número elevado de semente de calidade ao longo de todo ano, incluso fóra do período natural de reprodución da ostra plana”. Segundo os traballos realizados polo equipo do Instituto de Acuicultura da USC, as mellores condicións de reprodución da ostra plana asócianse con temperaturas da auga de entre 14 e 18 graos, un período de exposición á luz de entre 8 e 16 horas e unha ración de alimento equivalente o 6% do peso seco da ostra por día.




Alfonso Ruggiero García

O Banco De Galicia

O Banco de Galicia foi declarado como Lugar de Importancia Comunitaria en 2015.
Banco de Galicia é un monte submarino de orixe non volcánica localizado na marxe continental de Galicia, a uns 200 km da costa, cunha superficie similar á da Provincia de Lugo (1844 km2 con 75 km de longo por 58 km de ancho). O cumio deste monte submarino está situado nos 625 m, no sureste do banco.
Un monte submarino é unha elevación do fondo mariño que dende a súa base ten unha altitude de cando menos 1.000 m e non chega a alcanzar a superficie (Froese e Sampang, 2004; White e Mohn, 2004). O coñecemento da existencia do Banco de Galicia remóntase ao ano 1964, coa publicación dun estudo xeomorfolóxico da zona (Black et al., 1964). As primeiras investigacións levadas a cabo nesta contorna están dirixidas a estudos xeomorfolóxicos con descricións batimétricas (Sibuet et al., 1978).

Durante as primeiras prospeccións pesqueiras foron capturadas de xeito accidental corales de profundidade e gorgonias sobre os que se atoparon adheridas diversas especies de moluscos. Este feito deu como resultado un primeiro informe sobre a riqueza malacolóxica do banco. 
Resultado de imagen de monte submarino de galicia (ciencia)
ecoloqiaazul.com
Por Fran Martínez Feijoo

miércoles, 15 de febrero de 2017

o anaco de cortiza terrestre máis antigo do que se ten coñecemento

Mire ao seu ao redor. Pense no obxecto máis antigo que poida localizar. Quizá algún recordo familiar poida ter uns 100 anos. Hai xardíns con oliveiras de preto de 1.000 anos. Ou se pensa en termos xeolóxicos, quizá lle vinga á mente algunha cadea montañosa como os Pireneos, que se formaron fai uns 50 millóns de anos; ou A Pedriza, na serra Madrileña, cuxa idade é de 300 millóns de anos. A partir de aí, á maioría de nós xa nos custa facernos idea das escalas temporais.

"Non temos evidencias de que existise vida entón, pero tampouco de que non a houbese. Non hai razóns para pensar que non puidese existir vida na terra fai 4.300 millóns de anos", díxolle o profesor a Reuters. Iso é o que trata de determinar un grupo de científicos que afirman descubrir un pedazo de metal de 4.400 millóns de anos de antigüidade.

En lugares como Canadá aínda hai formacións rochosas de fai 3.500 millóns de anos, pero a gran maioría da superficie terrestre é relativamente nova, de menos duns poucos centos de millóns de anos de antigüidade.Os zircones que se atoparon en Australia son pezas compactas de rocas 
vellas que se fundiron 
con materiais máis novos.

                                                         Fran González Diz 4ºA