O Banco de Galicia foi declarado como Lugar de Importancia Comunitaria en 2015.
O Banco de Galicia é
un monte submarino de orixe non volcánica localizado na marxe continental
de Galicia, a uns 200 km da costa, cunha superficie similar á da Provincia de
Lugo (1844 km2 con 75 km de longo por 58 km de ancho). O cumio deste monte
submarino está situado nos 625 m, no sureste do banco.
Un monte submarino é
unha elevación do fondo mariño que dende a súa base ten unha altitude
de cando menos 1.000 m e non chega a alcanzar a superficie (Froese e
Sampang, 2004; White e Mohn,
2004). O coñecemento da existencia do Banco de Galicia
remóntase ao ano 1964, coa publicación dun estudo xeomorfolóxico da zona (Black et al.,
1964). As primeiras investigacións levadas a cabo nesta
contorna están dirixidas a estudos xeomorfolóxicos con descricións batimétricas
(Sibuet et al.,
1978).
Durante as
primeiras prospeccións pesqueiras foron capturadas de xeito accidental corales
de profundidade e gorgonias sobre os que se atoparon adheridas
diversas especies de moluscos. Este feito deu como resultado un primeiro
informe sobre a riqueza malacolóxica do banco.
ecoloqiaazul.com |
Por Fran Martínez Feijoo
No hay comentarios:
Publicar un comentario