lunes, 7 de noviembre de 2016

O PRIMER SMARTPHONE DA HISTORIA

Para moitos o primeiro smartphone (de novo, sen ese nome) da historia foi o IBM Simon Persoal Comunicator, cuxo prototipo apareceu en 1992 e cuxa venda comezou en 1994. Aquel teléfono celular con características de PDA contaba cunha pantalla monocroma de 160x293 píxeles, e era posible debuxar nela co stylus incluído. O seu éxito foi moi limitado, e en febreiro de 1995 deixaría de poñerse á venda.

Terían que pasar seis anos máis para que unha empresa comercializase o primeiro teléfono que realmente se vendía como un smarpthone con todas as letras. Tratábase do Ericsson R380, un terminal que custaba preto de 700 dólares e que era o primeiro terminal que ademais utilizaba o entón recentemente aparecido Symbian VOS. Por suposto ese terminal hoxe en día sería comparado con calquera 'feature phone' polas súas limitadas prestacións con respecto aos actuais smartphones, incluso aqueles pertencentes ás gamas baixas.






ALFONSO RUGGIERO GARCÍA

No hay comentarios:

Publicar un comentario