jueves, 3 de noviembre de 2016

A Programación

Moitas persoas teñen escoitado algunha vez algo sobre a programación pero moi poucas saben que é e en que consiste. Moitas das aplicacións ou programas que executas no ordenador, ou mesmo no teu móbil, confórmanse mediante programación é os distintos tipos de linguaxes de programación.

Enténdese por programación a implantación de algoritmos nun determinado linguaxe de programación, conformando así un programa. Por outro lado, as linguaxes de programación son o conxunto de parámetros e códigos dos que se sirve un programador para elaborar software. As linguaxes de programación divídense en distintos tipos:

Baixo nivel: Estes son dependentes da maquina, é dicir, o Hardware, e permiten o funcionamento da máquina mediante operacións fundamentais.
Alto nivel: Estes son máis cercanos á linguaxe natural que a de máquina. Trátanse de linguaxes independentes das máquinas
Medio nivel: Atópanse entre as dúas anteriores e poden realizar operacións características dos dous niveles.

Algunhas das linguaxes máis utilizadas son: C, Java, JavaScript, XML, PHP e SQL.

Unha ,en particular, é “HTML” (HyperText Markup Lenguaje) a cal é utilizada para a creación de páxinas web e ademais é moi fácil de aprender. Esta linguaxe esta composta por un conxunto de etiquetas que o navegador interpreta. HTML dispón de hipervínculos, saltos de liñas, listas, táboas, etc.


A continuación un vídeo explicando a programación e por que é tan importante e ten tanta diversidade de usos.



Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario