miércoles, 23 de noviembre de 2016

Nanotecnoloxía contra a alerxia


A idea dos investigadores é tan sinxela como astuta: introducir no corpo o alérxeno baixo unha especie de ¨casca amigable¨  -unha nanopartícula biodegradable- que logre desactivar as alarmas do sistema inmunitario. Tras probala con ratos aos que se provocou unha alerxia de tipo asmático ao ovo, Stephen Miller, un dos participantes no estudo, declarou: "Os achados representan un método novo, seguro e efectivo a longo prazo para tratar, e mesmo curar, aos pacientes".
Desenvolvidas pola compañía Cour Pharmaceuticals Development, estas cápsulas diminutas están compostas por un biopolímero chamado PLGA, que incorpora acedo láctico, acedo glicólico e, claro, a sustancia que se pretende borrar da lista de potenciais inimigos. Inxéctanse no sangue do afectado e, tras cumprir a súa misión, son devoradas por unha célula especializada denominada macrófago.


                             Resultado de imaxes para nanotecnologia

Alfonso Ruggiero García

No hay comentarios:

Publicar un comentario