viernes, 4 de noviembre de 2016

A MEMORIA USB MAIS PEQUENA

Ten o tamaño dunha unlla.
Non en vano Sandisk, seu fabricante, refirese a ela como a memoria USB máis pequena do mundo. Trátase do SanDisk Ultra Fit USB 3.0. Pero o tamaño non debe enganarnos, xa que no seu interior podemos almacenar ata 128 GB de documentos, fotos, películas ou música.
Pero a Ultra Fit USB non só destaca polo seu reducido tamaño, senon pola súa impresionante velocidade de lectura e transferencia de arquivos, xa que o minúsculo dispositivo incorpora USB 3.0, dez veces máis rápido que o anterior USB 2.0 e que é capaz de alcanzar velocidades de lectura de ata 130 MB/s. Ou o que é o mesmo, podemos transferir unha película enteira en menos de 40 segundos.                    
 Agustín Gallego Gómez

No hay comentarios:

Publicar un comentario