viernes, 25 de noviembre de 2016

Enfermedades ligadas o sexo

Este tipo de enfermidades son aquelas causadas por mutacións presentes nos alosomas. Poden estar ligadas ao cromosoma X e o Y pero hoxe eu vireivos a falr só das enfermedades do cromosoma x

Enfermidades recesivas ligadas ao cromosoma X.


As enfermidades recesivas ligadas ao cromosoma X maniféstanse principalmente nos homes, debido a que só teñen un cromosoma X, As mulleres son portadoras se presentan a mutación nun dos dous cromosomas X e manifestarán a enfermidade se presentan a mutación nos dous cromosomas. Unha muller portadora pode entón herdar a enfermidade aos seus fillos sen sequera sospeitalo. As fillas mulleres dun pai afectado serán portadoras obrigadas, mentres que ningún dos seus fillos homes manifestará a enfermidade. Son exemplos destas enfermidades:

A hemofilia, unha enfermidade causada por unha mutación que afecta a síntese dalgúns factores da coagulación. Por tanto, as persoas hemofílicas poden ter hemorraxias internas. De non ser controladas a tempo, estas hemorraxias poden causar a morte.


O daltonismo ou a cegueira parcial para as cores é a dificultade para distinguir correctamente as cores verde e vermello, e con menor frecuencia, tamén o azul e o amarelo. Esta enfermidade non representa un problema maior. Mesmo, algunhas persoas non son conscientes de que a padecen, xa que aprenden a asociar as cores coa escala de brillo ou a súa intensidade.

De acordeón de biología









                                                                                      Fran González Diz  4ºA     

No hay comentarios:

Publicar un comentario