viernes, 25 de noviembre de 2016

Nanotecnoloxía


Ciencia ou estudo de sistemas de escala nanométrica ou  a materia desde un nivel de resolución nanométrico, entre 1 e 100 nanómetros( Un átomo mide menos de 1 nanómetro).
Mediante determinados procesos, obsérvanse propiedades e fenómenos novos, baixo as leis da Mecánica Cuántica. 
Estes novos materias utilízanos os científicos para crear os chamados nanomateriais o dispositivos nanotecnolóxicos .A nanotecnoloxía ten repercusións de gran alcance para a sociedade . Na actualidade, utilízanse en sectores de información e de comunicacións 
Tamén desenvólvese  en cosméticos, protectores solares, téxtiles , revestimentos , e algunhas tecnoloxías alimentarias e enerxéticas ou en produtos farmacéuticos e sanitarios . Ademais, podería axudar a reducir a contaminación ambiental.
As nanopartículas son unha especie de partículas que contan con 1 ou máis dimensións no rango de 100 nm ou menos.
 Permiten a fabricación de materiais ou produtos con mecánicas novas en situación de superficie  de rozamento, resistencia ao desgaste ou adherencia.
                                               

                                                                                                              Jorge Cerviño Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario