lunes, 7 de noviembre de 2016

O ALMACENAMENTO VIVO

Un equipo de investigadores da Universidade de Harvard nos Estados Unidos deseñou un novo método que permite almacenar datos no material xenético de bacterias vivas para utilizalas como disco duro.
De esta forma pódese utilizar os microorganismos  para gardar información, xa que as liñas de código contidas no seu ADN  transmítense a seguinte xeración.
Para transferir a información as bacterias os científicos aproveitaron unha técnica do sistema inmunolóxico da bacteria chamada CRISPR/Cas

O funcionamento do sistema de defensa é o seguinte: cando estes microbios detectan un virus, cortase e pegase unha parte do ADN atacante no propio xenoma da bacteria, unha estratexia que permítelle recoñecer o virus si volve a encontrarse con el. Estas cadeas de seguridade de ADN pásanse de xeración en xeración para acumular a inmunidade aos virus co paso do tempo.


                                                                             wikipedia

POR: MIGUEL LORENZO PERAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario