miércoles, 23 de noviembre de 2016

Nanoglobo controlado mediante electricidad estática

imaxen de umea universitet

No futuro poderíanse utilizar máquinas de tamaño molecular para controlar mecanismos importantes no corpo humano. Nun estudo recente, uns investigadores demostraron como un nanoglobo, que inclúe unha única molécula de carbono, dez mil veces máis delgado que o grosor dun cabelo humano, pode ser controlado electrostáticamente para conmutar entre un estado inflado e outro desinflado.

O traballo é obra de científicos da Universidade de California en Berkeley, EE.UU., e da Universidade de Umea en Suecia.

     imaxen de umea universitet


Os actuadores en forma de globos inflables úsanse habitualmente para aplicacións macroscópicas, como levantar edificios, como protección contra impactos en coches, ou para alargar arterias ou veas que se estreitaron ou obstruido. Na escala micrométrica, úsanse como microbombas e na natureza as arañas saltarinas crean microcoxins cheos de fluído para impulsar as súas patas en saltos "explosivos".

Na escala nanométrica,os actuadores en forma de globo inflable son virtualmente descoñecidos. Con todo, hai varios anos, uns investigadores da Universidade Estatal de Pensilvania en Estados Unidos idearon, aínda que sen pasar da teoría, un actuador en forma de nanoglobo, controlado por carga electroestática, baseado no "inflado" e o "desinflado" dun nanotubo de carbono.

                             
                                                                                     Fran González Diz 4ªA

No hay comentarios:

Publicar un comentario