antes ao seu descubremento as súas propiedades predixoas e describiunas Mendeleyev baseandose na posición que ocuparía na táboa periódica.
Atópanse trazas deste metal en minerais como a Bauxita, Carbón, Diasporo, Germanita e Esfalerita.
O seu brillo é metálico, é un metal brando (1.5 na escala de Mohs) atópase en estado sólido nun rango de 2174 ºC, un dos máis altos de todos os metais, e a presión de vapor é baixa incluso a altas temperaturas (9.31·10⁻³⁶ Pa a 302.9 K). A súa expansión ao solidificar é de 3,1% e flota no líquido ao igual que o xeo na auga, pero de maior densidade que a súa (5.9 g/cm³). pero o mais impresionante deste metal e polo que parece doutro mundo é que se o pos na túa man fúndese, o por que? moi fácil, a súa temperatura de fusión é de apenas 28.56 ºC. O seu número atómico é 31, e atopámolo no grupo 13 do período 4 da táboa periódica.
O radio do seu núcleo é de 136pm ten unha electronegatividade de 1.81 na escala de Pauling, ten tres estados de oxidación, e unha estrutura cristalina otorrómbica.
Úsase en medicina nuclear como elemento trazador para o diagnóstico de enfermedades inflamatorias ou infecciosas activas, tumores e abscesos xa que se acumula en texidos que sofren esas patoloxías.
AGUSTÍN GALLEGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario