APLICACIÓNS
Aplícase á utilización de biotecnoloxía en procesos médicos, algúns exemplos son o deseño de organismos para producir antibióticos, o desenvolvemento de vacinas mais seguras e novos fármacos.De todas as posibles aplicacións da biotecnoloxía, a vermella é a que probablemente está a causar e causará un maior impacto na nosa maneira de vivir. A biotecnoloxía vermella comprende distintos ámbitos de actuación como o terapéutico, diagnóstico, saúde animal e investigación biomédica, e tamén se pode incluír nesta categoría a biotecnoloxía aplicada ao desenvolvemento de alimentos funcionais e nutracéuticos.
Os medicamentos de orixe biotecnológico apareceron coa insulina recombinante en 1983, e agora representan máis de 100 moléculas diferentes indicadas para tratar máis de 200 enfermidades como a artrite, o cancro, a fibrosis quística, Despois da insulina viñeron a hormona do crecemento, o factor IX de coagulación, a eritropoyetina , o interferón e os medicamentos do século XXI como os anticorpos monocionales, o Enbrel e as vacinas contra o cancro de cérvix.
Ademais de todo este novo arsenal de medicamentos debemos incorporar os avances espectaculares do sector diagnóstico, onde os anticorpos monocionales, a PCR e o abaratamento dos custos de secuenciación do ADN fan cada vez máis próxima a posibilidade de facer medicamento personalizada.
Biotecnoloxía Vermella ou SanitariaComprende as aplicacións terapéuticas, diagnósticas, de saúde animal e de investigación biomédica.
Alfonso Ruggiero García
No hay comentarios:
Publicar un comentario