A biotecnoloxía é a
tecnoloxía que utiliza seres vivos ou algunhas das súas partes para a obtención
ou modificación de produtos. Dentro da biotecnoloxía podemos diferenciar
distintas áreas:
A biotecnoloxía
vermella: a cal abrangue tódolos usos relacionados coa menciña. Neste caso
pódese utilizar para a obtención de antibióticos para desenvolver vacinas ou
para evolucionar na enxeñería xenética para curar enfermidades mediante a
terapia xénica.
A biotecnoloxía
branca ou industrial: Esta aplícase en procesos industriais. En xeral para a
consumición de menos recursos que en procesos tradicionais, por exemplo, a
elaboración de plásticos biodegradables.
A biotecnoloxía
verde: Aplicada na agricultura. Mediante este tipo de biotecnoloxía se pode
chegar a dar lugar a plantas modificadas xeneticamente, con propiedades
específicas para crecer en condicións desfavorables ou para xerar unha
resistencia contra plagas ou enfermidades.
A biotecnoloxía
azul ou mariña: Esta aplícase en ambientes mariños e acuáticos. As aplicacións
deste campo están nun estado de desenvolvemento creciente e prometedoras.
Algúns ámbitos destacables son a acuicultura, a cosmética ou a alimentación.
Rodrigo Justo Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario