viernes, 9 de junio de 2017

Un software español optimiza o deseño de cargadores de móbiles


Power Smart Control, unha spin-off da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), desenvolveu a actualización dun software que permite optimizar o deseño de novos cargadores de dispositivos móbiles e doutros convertidores electrónicos de potencia.

Un convertidor electrónico de potencia é un sistema que permite adecuar a enerxía eléctrica desde unha fonte a unha necesidade de carga específica. "Por exemplo, é o sistema  que obtén a enerxía da rede eléctrica a través dun enchufe e que a adapta para poder cargar a batería do teléfono móbil ou outro dispositivo", comenta Andrés Barrado, un dos profesores da UC3M que creou esta compañía, apoiada polo Viveiro de Empresas do Parque Científico da UC3M.
Este tipo de sistemas empréganse en diversos sectores, como a industria aeroespacial, a saúde, as tecnoloxías das comunicacións ou o transporte. "A electrónica de potencia vai permitir o desenvolvemento tecnolóxico doutras disciplinas, como o transporte eléctrico, as enerxías renovables, as comunicacións ou mesmo a electromedicina", engade Antonio Lázaro, outro dos profesores da UC3M creadores do programa.

Hasta a data, desenvolvéronse tres versións deste software,  denominado SmartCtrl, que comercializaron en máis de 35 países a través de case un milleiro de licenzas a centros de investigación, empresas e universidades, con clientes como Fuji, Xeneral Motor, Google, LG, Mitsubishi, NASA, Panasonic, Renault, Samsung ou Toshiba, entre outros.



                                                                                        
                                                                                             Fran González Diz 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario