viernes, 9 de junio de 2017

A chegada do 5G mais cerca

Que é?
Aínda que non hai unha tecnoloxía 5G oficial.O 5G en 2017 é agora un concepto en desenvolvemento, e non será ao redor do 2020 cando empece  en funcionamento. Despois comezará a estenderse aos poucos ata que se converta na tecnoloxía habitual. Os cambios máis importantes que vai introducir o 5G serán en materia de latencia e bandas de frecuencia.
Velocidad
Agora podemos chegar a velocidades medidas en megas, co 5G están a chegarse a dar velocidades en Gigas, esperando que cada usuario desta tecnoloxía poida conectar a velocidades de vertixe, o cal abre as portas a unha infinidade de posibilidades non só a nivel móbil
Necesidade 
A necesidade dunha nova xeración de rede móbil vén ligada ao Internet das Cousas (IoT). E aí é onde entra en xogo a ampliación de bandas de frecuencia e a redución de latencia.
A día de hoxe hai 7000 millóns de dispositivos conectados a Internet. Espérase que co auxe do IoT haxa 20000 millóns de dispositivos conectados e Huawei aumenta a cifra ata 100000 millóns para 2025. O 5G nace principalmente pola necesidade de crear unha rede que soporte moitos máis dispositivos.
5G en novos medios
A redes móbiles operan nunha serie de bandas de frecuencia, e cando hai demasiados dispositivos conectados nunha mesma frecuencia nunha mesma zona, prodúcense interferencias. A principal vantaxe da rede 5G é que operará nunha variedade de espectros maior que o 4G. Desta forma, moitos máis dispositivos poderanse conectar nunha mesma zona sen sufrir interferencias.
Por outra banda, tamén moi relacionado co Internet das Cousas, está o apartado da latencia. A latencia é basicamente o tempo de resposta antes de que un dispositivo poida establecer conexión, independentemente do ancho de banda. Unha latencia baixa é importante para todos aqueles dispositivos que teñan que reaccionar rapidamente.


Isto será crucial en aspectos como o tráfico. Se o teu coche autónomo, os semáforos e mesmo os sinais de tráfico dependen da internet, unha latencia baixa pode salvar vidas. As redes 4G teñen un tempo un tempo de resposta de entre 50 e 150 milisegundos. Espérase que o 5G reduza ese tempo por baixo de 10 ms.



Alejandro Suárez Hervella

No hay comentarios:

Publicar un comentario