viernes, 9 de junio de 2017

Click&Go

A tecnoloxía Click&Go permite a creación de botóns intelixentes cos que se poden mellorar notablemente os procesos de compra de produtos, de acceso a servizos e de soporte aos clientes de empresas de moi diversos sectores (transporte, industria, comercio, etc.).
Con algo tan simple como apertar un botón capturamos o contexto no que se atopa o usuario e desencadenamosuna acción. A simplicidade leva á súa máxima expresión eliminando as friccións ou barreiras que poden existir.

En SEUR, a súa solución OneClick permite aos seus clientes realizar solicitudes automáticas de recollidas facendo só un click, axilizando así o proceso xa que con pulsar un botón o sistema xerará a orde de recollida de paquetes. Esta solución estará dispoñible para clientes empresa, xa sexan grandes ou pemes, que utilicen servizos estandarizados e con solicitude frecuente de recollidas.

Estes produtos son posibles grazas a que Telefónica I+D creou a tecnoloxía Thinking Things Open. Trátase dun compoñente físico que integra as capacidades de comunicación e procesamento que poden dotar de conectividade a calquera obxecto que o integre. Se queres máis información sobre Thinking Things Open, en casos de usos industriais ou tes interese nun kit de desenvolvemento non dubides en visitar a web
 
Estes dispositivos son 100% independentes e non necesitan ningún smartphone ou PC para funcionar grazas ao seu SIM integrada. Isto simplifica enormemente o uso xa que o usuario non necesita configurar o dispositivo para que se conecte a unha rede Wifi ou a un dispositivo: simplemente funcionan. Ademais, os botóns intelixentes de Telefónica I+D funcionan en calquera lugar do mundo ao contar cunha SIM global, o que facilita os procesos de implantación destes dispositivos en grandes multinacionais e empresas de carácter internacional.

Coa experiencia obtida destes desenvolvementos, Telefónica I+D está a crear un botón baseado en IoT de marca branca para os casos de uso máis frecuentes, ademas estarán dispoñible os seus APIS para facilitar a integración e que poida ser utilizado por todo tipo de empresas, fácil de configurar para as necesidades concretas de cada tipo de negocio e consumidor.


Alfonso Ruggiero García

No hay comentarios:

Publicar un comentario