viernes, 2 de junio de 2017

O lugar máis profundo da corteza terrestre

A fosa das Marianas é a máis profunda fosa oceánica coñecida e o lugar máis profundo da cortiza terrestre. Ten a súa orixe nun proceso de subducción. Localízase no fondo do océano Pacífico noroccidental, ao sueste das illas Marianas, preto de Guam. O coñecemento da existencia da fosa das Marianas data de antes de 1870, cando un navío tentou medir a profundidade mediante a sondaxe con lastre atado a unha corda, nesa oportunidade sondouse unha profundidade de 9 km. A fosa foi visitada en 1873 pola fragata da Mariña Real Británica Challenger. As orixes de tan profunda depresión no Pacífico supuxeron unha gran cantidade de teorías. Isto espertou o interese científico de saber exactamente como se formou.
O 23 de xaneiro de 1960 descendeu a primeira nave tripulada dentro da fosa: o batiscafo Trieste, invención de Auguste Piccard, capitaneado por Jacques Piccard, fillo do primeiro e acompañado por Don Walsh, oficial da Armada estadounidense. A inmersión proxectouse para obter datos da orixe deste abismo. O lugar do descenso foi o extremo suroccidental da fosa, a un 338 km de Guam. Os sistemas de a bordo indicaban unha profundidade de 11 521 m, que despois foi revisada e resultou ser de 11 034 metros.





Gonzalo Carrajo Mariño

No hay comentarios:

Publicar un comentario