viernes, 2 de junio de 2017

LUGAR MÁIS QUENTE DO PLANETA

O parque nacional do Val da Morte (en inglés Death Valley National Park) é un parque nacional dos Estados Unidos localizado ao leste de Sierra Nevada, no estado de California, aínda que tamén se estende nunha pequena parte no estado de Nevada. Ocupa unha superficie de 13 518 km² que inclúen o Val Salino, case a totalidade do val da Morte, unha parte importante do val Panamint así como diversas cordilleiras.

Trátase dun parque situado en zona árida e contén un dos maiores relevos desérticos da zona continental dos Estados Unidos. O punto máis baixo do Val da Morte, coñecido como Badwater, está situado a 85,5 m por baixo do nivel do mar, mentres que o Monte Whitney, situado a un 210 km por estrada e algo máis da metade en liña recta, ten unha altura de máis de 4 400 msnm.1 O corazón do parque, chamado Death Valley National Monument, foi creado en 1933. Foi promovido á categoría de Parque nacional en 1994, data na que se ampliou de forma considerable. Ademais da parte central do parque, unha pequena zona, coñecida como o "Buraco do diaño" (Devil?s Hole), está situada no leste do estado de Nevada, preto da reserva natural de Ash Meadows.

O parque está formado por dous vales principais: o Val da Morte e o Panamint, ambos os formados no transcurso dos últimos millóns de anos. Está separado do océano Pacífico por cinco cadeas de montañas que secan por completo as entradas de aire oceánico portadoras de humidade. O val da Morte é un dos lugares máis calorosos da Terra. O 10 de xullo de 1913 alcanzouse o récord de 56,7 °C na zona de Badwater. Un suposto récord de 58 graos datado en 2006 non está recoñecido pola World Meteorological Organization (OMM en castelán).

O chan do val da Morte é rico en minerais diversos, como o bórax, que foi explotado durante moito tempo por unha sociedade mineira que o utilizaba na fabricación de xabóns. 




Alfonso Ruggiero García

No hay comentarios:

Publicar un comentario