viernes, 2 de junio de 2017

O lugar máis peligroso do mundo

Nun dos puntos en que Zambia e Zimbabue únense, álzanse desafiando á paisaxe as cataratas Vitoria, un salto natural do río Zambeze ante o que é imposible non quedar pampo. Non é para menos, pois contan cunha altura de máis de 100 metros e arroxan millóns e millóns de litros de auga por minuto contra o chan. Poderían parecer un espectáculo por si mesmas pero, no seu interior, albergan tamén unha gran piscina natural é coñecida polo seu perigo.

Chamada «a Piscina do diaño», este accidente do terreo é unha das maiores atraccións de África debido a que permite aos curiosos bañarse tendo a poucos metros un abismo duns 108 metros de altura.

Se decides darche un mergullo no inverno, é probable que a parede de roca que se sitúa no bordo do cantil non sexa suficiente para deterche. Á súa vez, hai que ter coidado, pois as crecidas son tan grandes que poden aumentar o caudal do Zambeze en máis dun metro en poucos minutos. Con todo, durante a tempada seca é seguro bañarse poñendo un pouco de coidado niso.



                                                                                                      Fran González Diz 4ºA

No hay comentarios:

Publicar un comentario