viernes, 9 de junio de 2017

iOS 11

Tras anunciar renovación de computadores, o novo macOS High Sierra e un novo iMac Prol, toca agora coñecer as características do novo iOS 11.
Céntrase nas novidades do asistente de Apple, Siri, que incorpora a función de tradución en fase beta entre outras funcións. Novidades tamén para Fotos, que en macOS recibiu algunhas incorporacións importantes a nivel de edición, e un redeseño do Centro de control e da App Store.

O asistente de voz de Apple tamén está incluído dentro dos cambios de imaxe que sufrirán algunhas das apps propias e certas partes do propio sistema operativo. Siri en iOS 11 terá unha nova interface que mostrará resultados múltiples e terá unha pronuncia máis natural 
Nesta nova interface e as notificacións integrará a tradución, aínda que veremos esta de momento en fase beta. A función inicialmente estará dispoñible de inglés a estes idiomas: chinés, francés, alemán, español e italiano.
O asistente por fin abriuse a servizos de terceiros, e dentro disto tamén hai novidades. Siri poderá usarse para a xestión de tarefas con apps de terceiros, e ademais tentará anticiparse ao usuario funcionando a través de todos os dispositivos compatibles con tal de "entender" mellor o contexto.

Apple Maps agora incluirá mapas de centros comerciais, de modo que poderá usarse para buscar localizacións nas plantas dos mesmos, e tamén de aeroportos. Novidades tamén no modo navegación, ao incluír os límites de velocidade e unha guía para sinalizar o carril correcto.
Na era da intelixencia nos coches a CarPlay tamén lle chega a quenda. O software de Apple incorpora a función "Non molestar mentres conduzo", o cal fará que as notificacións non molesten durante a condución, podendo configurar respostas automáticas en Mensaxes para que dea o aviso de que estamos ao volante, así como establecer contactos cuxas notificacións pasarán o filtro.

Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario