viernes, 9 de junio de 2017

BAYER APUESTA POR LA INVESTIGACIÓN DIGITAL AGRARIA

A multinacional Bayer ten previsto investir uns 200 millóns de euros ata 2020 en investigacións no ámbito das tecnoloxías dixitais, aplicables á agricultura.

Entre estas ferramentas tecnolóxicas figuran o uso de drones e de satélites para o teleseguimiento de cultivos, regadíos ou da humidade da terra, así como a utilización de vehículos agrícolas teledirigidos sen condutor ou de aplicacións para telefonía móbil, algunhas das cales se mostraron aos participantes neste evento.
Logo da empresa Bayer / bayer.com

Anunciaron a incorporación este ano de tres novas aplicacións, relacionadas coa teledetección satelital, a prevención de enfermidades e pragas vexetais, e o recoñecemento de malas herbas mediante un teléfono móbil.

As novas aplicacións son as seguintes:

"Zoner" é un sistema de teledetección de precisión mediante infravermellos, que cobre toda a Península ibérica e permite recomendar os cultivos máis idóneos e aumentar a rendibilidade das plantacións.

"Expert" é un ferramenta que advirte do risco de pragas en cultivos como o trigo, a pataca ou a remolacha.

"Weedscout" é unha aplicación para teléfonos móbiles que mediante unha foto co terminal telefónico a unha planta sospeitosa, identifícaa, se é unha mala herba, e informa do tratamento contra ela.

Bayer colabora actualmente con media ducia de universidades españolas e con empresas no desenvolvemento de ferramentas dixitais aplicables á agricultura, e a súa aposta por esta tecnoloxías inscríbese na decisión estratéxica deste grupo farmacéutico de incorporar servizos á produción de
fármacos.



Rubén Gómez Blanco

No hay comentarios:

Publicar un comentario