lunes, 12 de junio de 2017

Intelixencia Artificial

A conciencia é un dos santos graais para todos os entusiastas da IA. Crear unha máquina que sexa capaz, de maneira autónoma e independente, de mostrar creatividade, emocións ou libre vontade pode parecer que está só a uns poucos pasos de converterse nunha realidade. Pero o feito é que o noso entendemento da neurociencia que se atopa detrás da conciencia está aínda dando os seus primeiros pasos e a nosa habilidade para replicar nunha máquina o que nin nós entendemos completamente é nula. Por tanto, polo momento aínda non hai posibilidade de perder unha batalla de enxeño contra un robot.
É comprensible que dado a nova contorna no que vivimos onde a automatización está á orde do día, haxa profesionais preocupados pola continuidade das súas propios postos de traballo. Non debemos alarmarnos, a idea de que a intelixencia artificial destruirá a maioría dos traballos é un mito baseado en dúas falsidades: primeiro, que a intelixencia artificial pode ter a capacidade de multitarea propia dos humanos, cando en realidade só poden executar a tarefa concreta e específica para a que fose deseñada; e segundo, que os traballos menos cualificados que poden facer os robots aumentarán, si, pero crearanse outros postos máis cualificados que terán que vixiar, reparar e dirixir os robots.

Gonzalo Carrajo Marño

No hay comentarios:

Publicar un comentario