Fuente: Pixabay.com |
Este blog está creado coa finalidade de que os alumnos/as de 4º A de ESO do CPR Mª Inmaculada de Verín, publiquen contidos de diversas temáticas, co fin de potenciar o uso responsable das ferramentas TICs que hai na actualidade.
Os protagonistas serán os alumnos/as da clase, sendo eles quen enchan este espazo vitual de información e coñecementos.
Os beneficios cá utilización dos blogues ofrece no ámbito educativo son diversos pola súa sinxeleza, comodidade e facilidade de uso. Os máis destacables son:
- É un excelente medio para o desenvolvemento da competencia dixital: ensina a sacar partido da rede como a maior fonte de información. Os alumnos/as aprenden a buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento.
- A participación interactiva dos alumnos/as é outra vantaxe crave. O alumnado fai comentarios sobre o que se publica e obtén información acerca de quen escribe sobre nós noutros blogues grazas ao intercambio de información. Estas dúas ferramentas, comentarios e información, permiten que se poida xerar un debate dentro e fóra do blogue.
- Facilita o auto-coñecemento no adolescente a través do feedback que proporcionan os comentarios e críticas das publicacións.
- A posibilidade de utilización de multimedia enriquece e motiva o proceso de aprendizaxe.
- Posibilita novas formas de comunicación entre persoas de dentro e fóra da comunidade educativa.
- Propicia novos e diversos vínculos e redes sociais entre persoas de todo o mundo que se unen por intereses comúns. Crea ou afianza os lazos de unión entre alumnos/as e entre profesores/as.
- Facilita o coñecemento doutras realidades e persoas próximas ou afastadas. rompen as restricións de tempo e espazo que impón a aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario