jueves, 22 de septiembre de 2016

Os Microprocesadores...como se fabrican?

Chámaselle microprocesador á parte dun CPU que se clasifica como un compoñente electrónico composto por centos de miles de transistores integrados nunha placa de silicio. Trátase do elemento crave na conformación dun computador.


miércoles, 21 de septiembre de 2016

O noso blog de clase

Fuente: Pixabay.com


Este blog está creado coa finalidade de que os alumnos/as de 4º A de ESO do CPR Mª Inmaculada de Verín, publiquen contidos de diversas temáticas, co fin de potenciar o uso responsable das ferramentas TICs que hai na actualidade.

Os protagonistas serán os alumnos/as da clase, sendo eles quen enchan este espazo vitual de información e coñecementos.

Os beneficios cá utilización dos blogues ofrece no ámbito educativo son diversos pola súa sinxeleza, comodidade e facilidade de uso. Os máis destacables son:

  • É un excelente medio para o desenvolvemento da competencia dixital: ensina a sacar partido da rede como a maior fonte de información. Os alumnos/as aprenden a buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento.
  • A participación interactiva dos alumnos/as é outra vantaxe crave. O alumnado fai comentarios sobre o que se publica e obtén información acerca de quen escribe sobre nós noutros blogues grazas ao intercambio de información. Estas dúas ferramentas, comentarios e información, permiten que se poida xerar un debate dentro e fóra do blogue.
  • Facilita o auto-coñecemento no adolescente a través do feedback que proporcionan os comentarios e crí­ticas das publicacións.
  • A posibilidade de utilización de multimedia enriquece e motiva o proceso de aprendizaxe.
  • Posibilita novas formas de comunicación entre persoas de dentro e fóra da comunidade educativa.
  • Propicia novos e diversos ví­nculos e redes sociais entre persoas de todo o mundo que se unen por intereses comúns. Crea ou afianza os lazos de unión entre alumnos/as e entre profesores/as.

  • Facilita o coñecemento doutras realidades e persoas próximas ou afastadas. rompen as restricións de tempo e espazo que impón a aula.