lunes, 24 de octubre de 2016

Tarxeta Gráfica máis potente

Seguramente un segmento do mundo PC que beneficia bastante aos fabricantes sexa os dos equipos para xogadores. Estámolo vendo en renovacións das marcas cos seus produtos para ‘gamers’. E no conxunto dos compoñentes a dominante é a tarxeta gráfica, especificamente  a desexada Nvidia GeForce GTX1080 cun prezo de 600 dólates.

As cifras teóricas fálannos da posibilidade de traballar por encima dos 2 Ghz sen que o calor nin o consumo se vexan disparados grazas aos 16nm de fabricación. A súa frecuencia base é de 1733 Mhz, con 8Gb GDDR5X a 10 Gbps. O seu rendemento fixouse en 9 TFLOPS.

A promesa de Nvidia en cuanto a experiencia de xogo é que podamos xogar a calquera titulo actual cunha frecuencia estable de 60 fps. Para funcionar necesita un conector de 8 pines e o seu consumo é de 180 W. E por suposto é unha tarxeta perfectamente preparada para a experiencia VR.

Xunto con tarxeta tamén se anunciou a GTX1070, unha versión con memoria GDDR5 e 6.5 TFLOPS, e cuxo prezo reducirase ata menos de 400 dólares.

A continuación unha imaxe da GTX1070:

Imaxe Geforce GTX 1070
Rodrigo Justo Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario