miércoles, 21 de septiembre de 2016

O noso blog de clase

Fuente: Pixabay.com


Este blog está creado coa finalidade de que os alumnos/as de 4º A de ESO do CPR Mª Inmaculada de Verín, publiquen contidos de diversas temáticas, co fin de potenciar o uso responsable das ferramentas TICs que hai na actualidade.

Os protagonistas serán os alumnos/as da clase, sendo eles quen enchan este espazo vitual de información e coñecementos.

Os beneficios cá utilización dos blogues ofrece no ámbito educativo son diversos pola súa sinxeleza, comodidade e facilidade de uso. Os máis destacables son:

  • É un excelente medio para o desenvolvemento da competencia dixital: ensina a sacar partido da rede como a maior fonte de información. Os alumnos/as aprenden a buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento.
  • A participación interactiva dos alumnos/as é outra vantaxe crave. O alumnado fai comentarios sobre o que se publica e obtén información acerca de quen escribe sobre nós noutros blogues grazas ao intercambio de información. Estas dúas ferramentas, comentarios e información, permiten que se poida xerar un debate dentro e fóra do blogue.
  • Facilita o auto-coñecemento no adolescente a través do feedback que proporcionan os comentarios e crí­ticas das publicacións.
  • A posibilidade de utilización de multimedia enriquece e motiva o proceso de aprendizaxe.
  • Posibilita novas formas de comunicación entre persoas de dentro e fóra da comunidade educativa.
  • Propicia novos e diversos ví­nculos e redes sociais entre persoas de todo o mundo que se unen por intereses comúns. Crea ou afianza os lazos de unión entre alumnos/as e entre profesores/as.

  • Facilita o coñecemento doutras realidades e persoas próximas ou afastadas. rompen as restricións de tempo e espazo que impón a aula.



No hay comentarios:

Publicar un comentario